Como crear o mellor vídeo curto para redes sociais (sen que ninguén pase de largo)

Cámara para realización de vídeos para Redes Sociais

Queres que os teus vídeos en TikTok, Instagram Reels e YouTube Shorts suban en visitas? Ou prefires seguir metendo contido que ninguén mira?

Se escolliches a primeira, segue lendo, porque imos ao gran: os 5 tips imprescindibles para que os teus vídeos curtos en redes sociais funcionen de verdade. Sen teorías rebuscadas nin trucos baratos.

O primeiro segundo é todo

Non hai tempo. Nin ganas. A xente navega polas redes coma quen foxe dun comercial de enciclopedias. Se non captas a atención no primeiro segundo, marchan.

Como facelo? Usa unha pregunta potente, un dato impactante ou unha afirmación que esperte curiosidade. Exemplos:

  • “Sabías que o 90% dos vídeos non se ven ata o final?”
  • “Se usas este truco, os teus vídeos explotan en visitas.”
  • “Fai isto e deixarás de perder seguidores.”

Nada de “Ola, son X e hoxe vouvos falar de…”. Iso é suicidio dixital.

Texto na pantalla sempre

Moita xente ve os vídeos sen son. Outros están no bus, no traballo ou en clase (malditos!). Se non poden ler o que dis, pasan ao seguinte.

Engade texto que reflicta o que estás dicindo ou que resuma os puntos clave. TikTok e Instagram xa levan subtítulos automáticos, pero se os personalizas con cores e efectos, mellor.

Corte, corte, corte

O ritmo é clave. Un vídeo sen cortes é coma un discurso de tres horas dun avogado do Estado.

Como conseguilo?

  • Fai cortes rápidos entre frases.
  • Usa zooms para marcar partes clave.
  • Mete transicións sutís que fagan o vídeo máis dinámico.
  • Elimina silencios e pausas innecesarias. A xente quere información, non tempos mortos.

Acaba o vídeo cunha chamada á acción

Queres que a xente comente? Que comparta? Que visite a túa web? Pois dio! Se non, non o farán.

Un bo CTA pode ser:

  • “Comenta abaixo cal foi o truco que máis che gustou.”
  • “Gustouche? Gárdao para velo despois e non perdelo.”
  • “Se queres máis, sígueme e aprende os mellores trucos para…”

O que non vale: “Espero que vos gustase o vídeo, nos vemos no seguinte.” Isto non engacha a ninguén.

Calidade de imaxe

Si, si, que os vídeos virais non sempre son 4K, pero hai un límite. Se se oe mal ou a imaxe está borrosa, a xente non aguanta.

Minimos que debes cumprir:

  • Boa luz (natural ou un aro de luz).
  • Son claro (evita eco, ruidos de fondo ou micrófonos cutres).
  • Gravación en vertical (non queremos barras negras nin vídeos mal cadrados).

Agora que xa sabes os 5 puntos clave, aplícaos. Se queres que os teus vídeos vendan, impacten e atraian clientes, nós podemos axudarche a facelo ben.

Contacta connosco e deixa de perder tempo con contido que ninguén ve.

Comparte:

Entradas recentes: