Sobre Remedia!

A túa axencia de marketing na Costa da Morte

Nacemos para que as pequenas empresas e autónomos de Galicia compitan de igual a igual no mundo dixital.

De onde vimos e por que estamos aquí

Remedia! nace ante a necesidade das pequenas empresas da zona de ter unha presenza en redes sociais realista e profesional, adaptada ao seu negocio.

Apostamos por un cambio na nosa vida para revalorizar e dar visibilidade á zona na que escollemos vivir. Queremos desestacionalizar o éxito das empresas, dándolles un impulso non só na Costa da Morte, senón en toda Galicia, e ata onde elas mesmas desexen chegar.

Os valores que guían a Remedia

Fiabilidade

Cumprimos co que prometemos. Somos transparentes cos prazos, cos resultados e cos orzamentos.

Diferenciación

Non facemos copiar e pegar. Cada proxecto é único porque cada negocio é único.

Cercanía

Traballamos contigo, non para ti. Comunicación directa, sen intermediarios nin linguaxe técnica.

Versatilidade

Adaptámonos ás túas necesidades e orzamento. Desde redes sociais ata imprenta, todo nun equipo.

Axudámoste co teu negocio

O noso obxectivo é axudar a pequenos negocios locais e autónomos a poder competir con empresas máis grandes, sen necesidade de invertir unha gran cantidade de cartos e tempo. Devolvémosche o tempo para que te dediques ao que importa.

Resultados para facturar máis

Somos un equipo. Creamos un posicionamento distintivo que parte da imaxe do teu negocio e da calidade que reflectimos, traducida en formatos de comunicación pensados para conectar cos teus clientes potenciais. Os teus logros son os nosos: por iso analizamos resultados, axustamos a estratexia e traballamos contigo ata que cada acción se note no teu día a día.