Axencia de Marketing 360°
Redes sociais, imaxe corporativa, deseño web e WhatsApp Business. Todo o que precisas para crecer, nun só equipo.
01
Xestionamos as túas redes sociais para que non teñas que preocuparte por que publicar, cando publicar ou como conseguir que o teu contido chegue á xente correcta. Creamos contido personalizado que reflicte a esencia do teu negocio: fotografía, vídeo, deseño gráfico e copywriting adaptado ao teu sector. Analizamos os resultados e axustamos a estratexia para que cada publicación conte.
que inclúe

02
A túa imaxe é a primeira impresión que recibe o teu cliente. Deseñamos unha identidade visual coherente que transmita os valores do teu proxecto: logotipo, papelería, cartelería, uniformes e todo o que precises para que a túa marca fale por si mesma. Non se trata de ser “bonitos”, senón de ser recoñecibles e transmitir confianza.
que inclúe

03
Creamos páxinas web que traballan para ti mentres ti traballas no teu negocio. Deseño atractivo, contidos claros e optimización para que te atopen en Google. Nada de webs que parecen feitas por unha máquina: a túa web ten que soar coma ti, transmitir o que transmites cando falas co teu cliente cara a cara.
que inclúe

04
WhatsApp é a ferramenta de comunicación máis directa cos teus clientes. Axudámoste a crear estratexias de fidelización, campañas de difusión e atención ao cliente a través de WhatsApp Business. Porque ás veces, un mensaxe no momento axeitado vale máis que cen publicacións.
que inclúe

Contámosche como podemos axudar ao teu negocio. Sen compromiso, sen tecnicismos.
Para ofrecer as mellores experiencias, usamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.