Servizos
Ano
O Moncho Burguer tiña claro o seu produto — hamburguesas de autor con ingredientes locais e un rollo desenfadado que engancha — pero nas redes non se transmitía esa enerxía.
Deseñamos unha estratexia integral de contido: sesións de fotografía gastronómica que fan que se che abra o apetito só de velas, textos en galego e castelán con personalidade propia e un calendario editorial pensado para mover tanto o público local como a quen busca un bo plan para comer. Ademais, renovamos a súa web para convertir visitas en pedidos e reservas reais.
En poucos meses, o engagement nas redes multiplicouse e O Moncho consolidouse como unha das hamburgueserías de referencia na zona, con fin de semana cheos e lista de espera nos venres á noite.
Para ofrecer as mellores experiencias, usamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.